ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN CULTURAL

“MUSICAL ECLIPSE”

 

 

Capítulo 1

Da asociación en xeral

ARTIGO 1.DENOMINACIÓN

A asociación cultural MUSICAL ECLIPSE é unha asociación de persoas constituída de forma voluntaria e sen ánimo de lucro, que se rexerá pola Lei Orgánica 1/2002 de 22 de marzo, Reguladora do Dereito de Asociación e as disposicións posteriores sobre a mesma.

ARTIGO 2. FINS DA ASOCIACIÓN

A asociación ten os seguintes fins:

Para o cumprimento destes fins realizaranse as seguintes actividades:

ARTIGO 3. DURACIÓN

Esta asociación se constitúe por tempo indefinido. A asociación só se disolverá conforme a estes estatutos, pola vontade d@s soci@s acordada na Asemblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.

A asociación rexerase polos principios democráticos contidos no marco da Constitución e da lexislación vixente.

ARTIGO 4. ÁMBITO TERRITORIAL E ENDEREZO

A asociación establece o seu domicilio social na rúa Trión nº 8, de Esteiro no concello de Muros C.P. 15240, na provincia de A Coruña. O ámbito territorial onde vai realizar principalmente as súas actividades é o seguinte: Comunidade Autónoma de Galicia.

Capítulo 2

Órganos de goberno e representación

ARTIGO 5. ÓRGANOS DIRECTIVOS

A dirección e administración da asociación será levada a cabo polo Presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral. A asociación será xestionada e representada pola Xunta Directiva formada por: un presidente, un vicepresidente ( no seu caso), un secretario, un tesoureiro, e tres vocais.

ARTIGO 6. NOMEAMENTO , DURACIÓN E CESE DO CARGO

Tódolos cargos que compoñen a xunta directiva serán gratuítos e serán nomeados e revocados pola Asemblea Xeral Extraordinaria. O seu mandato terá unha duración de catro anos. Os membros da Xunta Directiva poderán causar baixa polos seguintes motivos:

Os membros da Xunta Directiva que esgotaran o prazo para o que foron elixidos continuarán os seus cargos ata o momento no que acepten o seu cargo os que os substitúan.

ARTIGO 7.CONSTITUCIÓN E FUNCIONAMENTO DA XUNTA DIRECTIVA

A Xunta Directiva celebrará as súas sesións cando o determine o Presidente ou a iniciativa de calquera dos seus compoñentes . Será presidida polo Presidente e na súa ausencia polo Vicepresidente ou Secretario e á falta de ambos, polo membro da Xunta de máis idade.

A Xunta Directiva quedará constituída cando asista a metade máis un dos seus membros. Para que os seus acordos sexan válidos deberán aprobados pola mayoría dos votos. No caso de que haxa empate o voto favorable do presidente resolverá o empate.

Os membros da Xunta Directiva presidirán as Comisións que a Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades. Formarán parte das Comisións o número de vocais que acorde a Xunta.Cando a Xunta Directiva o estime necesario, poderá acordar que as comisións se desdobren en subcomisións.

A Xunta Directiva reunirase cando o seu presidente o considere oportuno e cando o soliciten un tercio dos seus membros.

ARTIGO 8. FUNCIONS

A Xunta Directiva se encargará de dirixir e organizar as actividades da asociación ,de adoptar as decisións de urxencia ou de mero trámite que sexan necesarias ou convenientes para a boa marcha da asociación.

En particular lle corresponde á Xunta Directiva:

ARTIGO 9. FUNCIÓNS DO PRESIDENTE

O Presidente terá as seguintes funcións:

ARTIGO 10. FUNCIÓNS DO SECRETARIO

O Secretario terá o seu cargo a xestión administrativa da asociación, levará os libros da asociación, o libro e ficheiro de socios, expedirá certificacións, encargarase do arquivo da documentación da asociación facendo que se cumpran as obrigas documentais legalmente establecidas.

ARTIGO 11. FUNCIÓNS DO TESOUREIRO

O Tesoureiro dirixirá a contabilidade, levará o control de ingresos e gastos, intervirá en tódalas operacións económicas e financeiras da asociación. Realizará o control de cobros e pagos que ordene o Presidente.

ARTIGO 12 . FUNCIÓNS DAS VOCALIAS

Os vocais presidirán as Comisións da asociación, terán responsabilidades como membros da Xunta Directiva e asistirán e axudarán ó resto dos membros da Xunta Directiva nas súas tarefas. Desenvolverán as tarefas que lle sexan encomendadas. 

Capítulo 3

A Asemblea Xeral

ARTIGO 9. CONCEPTO

A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno da asociación, integrado polos asociados.

ARTIGO 10. FUNCIONAMENTO

A Asemblea Xeral pode reunirse en sesión ordinaria ou extraordinaria. A Asemblea ordinaria celebrarase unha vez ó ano dentro dos catro meses seguintes ó peche do exercicio. A Asemblea extraordinaria celebrarase cando así o requiran as circunstancias, a xuízo do Presidente, cando a Xunta Directiva o acorde ou cando o propoña por escrito polo menos unha décima parte dos asociados.

ARTIGO 11. CONVOCATORIAS.

As Convocatorias das Asembleas Xerais realizaranse por escrito, indicando o lugar, día e hora da reunión así como a orde do día cos asuntos a tratar. Neste escrito poderá constar a data e hora e orde do día da segunda convocatoria.

A Asemblea Xeral constituirase validamente, previa convocatoria efectuada quince días antes da reunión, cando concorran a ela, presentes ou representados, alomenos un tercio dos asociados. A segunda convocatoria quedará validamente constituída calquera que sexa o número de asociados presentes. Entre a primeira e a segunda convocatoria debe mediar un prazo dunha hora.

ARTIGO 12. ACORDOS.

Os acordos da Asemblea se tomarán por maioría simple dos presentes cando os votos afirmativos superen ós negativos. Será necesaria a maioría cualificada das persoas presentes, que será cando os votos afirmativos superen a metade de éstas para adoptar os seguintes acordos:

Os acordos se transcribirán nun acta da sesión e esta acta no libro de actas da asociación, que será asinada polo Secretario co Vº e Prace do Presidente.

ARTIGO 13. FACULTADES DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA .

Corresponde a Asemblea Xeral Ordinaria:

ARTIGO 14. FACULTADES DA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA.

Corresponde a Asemblea Xeral Extraordinaria:

Capítulo 4

Socios: dereitos e deberes

ARTIGO 15. MEMBROS

Poderán pertencer á asociación aquelas persoas con capacidade de obrar que teñan interés no desenvolvemento dos fins da asociación. Os socios deberán aceptar o contido destes estatutos e comprometerse a aportar a súa dedicación a acadar o obxectivo da asociación.

ARTIGO 16.DEREITOS

Tódolos socios teñen os seguintes dereitos:

ARTIGO 17. OBRIGAS

Son deberes dos socios:

ARTIGO 18. BAIXA

Os socios causarán baixa polas seguintes causas:

Capítulo 5

Réxime Económico

ARTIGO 19. PATRIMONIO

A asociación no momento de constituírse carece de fondo social. Os recursos económicos previstos para o desenvolvemento das súas actividades serán.

ARTIGO 20. RÉXIME DE ADMINISTRACIÓN E CONTABILIDADE

O exercicio asociativo e económico será anual e o seu peche terá lugar o 31 de decembro de cada ano. A asociación funcionará en réxime de orzamento anual. O orzamento será elaborado polo Tesoureiro, que deberá telo aprobado antes do un de Xaneiro de cada ano, a fin de que poida ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria.

Capítulo 6

Disolución

ARTIGO 21. DISOLUCIÓN

A disolución da asociación soamente será acordada pola Asemblea Xeral, en sesión extraordinaria, convocada ó efecto, por unha maioría de dos tercios dos socios. No caso de disolución se nomeará unha comisión liquidadora, ésta procederá ó pago das débedas o cobro dos créditos. Si existise sobrante líquido se destinará ós fins que non desvirtúen a natureza non lucrativa, concretamente á Asociación Cultural “Coral Santa Mariña de Esteiro”.

Capítulo 7

Do Regulamento de Réxime Interno

O Regulamento de Réxime Interno desenvolverá aqueles aspectos non regulados nos presentes estatutos, non podendo ser contrarios ó disposto nestes.

En Esteiro, a 7 de febreiro de 2007.

 

VOLVER